Legado nos osos – Dolores Redondo

Logo do rotundo éxito de «O gardián invisible», Dolores Redondo ofrécenos agora o segundo volume da súa triloxía ambientada no val do Baztán e protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra. O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a piques de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, que un ano atrás resolvera os crimes do chamado «basajaun», que sementaron de terror o val do Baztán.

Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina, que imitando o modus operandi do «basajaun» asasinou, violou e mutilou a Johana, a filla adolescente da súa muller. De súpeto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado. Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha inquietante mensaxe: «Tarttalo». Cunha soa palabra destaparase unha trama sobrecolledora que envolve a inspectora até un trepidante e emotivo final.

Autor.

Dolores Redondo (Donostia, 1969) estudou Dereito e Restauración, e durante algúns anos dedicouse aos negocios. Na actualidade reside na Ribera Navarra e o seu oficio é a escrita. Logo de publicar a súa primeira novela en 2009, comezou a triloxía do Val do Baztán, protagonizada pola inspectora Amaia Salazar: «O gardián invisible» (2013), «Legado nos ósos» (2013) e «Ofrenda á tormenta» (2014).

Considerada como unha auténtica revelación da novela negra, con estas obras obtivo un grande éxito de lectores e foi traducida a máis de vinte linguas. En 2016 obtivo o premio Planeta con «Todo isto che darei», novela localizada na Ribeira Sacra. A súa última novela «A cara norte do corazón» tamén está protagonizada pola inspectora Amaia Salazar.


Descargar PDF Descargar EPUB Leer en Línea